O Concello de Boiro recibe unha subvención para o mantemento do persoal técnico en deportes

01 Xuño 2023

O Concello de Boiro recibiu unha subvención da Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte para o ano 2023. A achega é de 15.000 euros e vai destinada á dinamización do deporte no municipio.

Máis en detalle, o obxectivo desta subvención é, en palabras do Concello, “o mantemento do persoal técnico do departamento de deportes e realizar funcións de coordinación de actividades deportivas, organizar e desenvolver eventos e actividades lúdico-deportivo, supervisar a posta a punto de instalacións e medios…”.

Dende o Consistorio lembran que o persoal técnico de deportes desenvolve o programas deportivos promovidos polo Concello de Boiro como son as Escolas Deportiva Municipais ou os Veráns Deportivos. Do mesmo xeito, este persoal ocupase do desenvolvemento de probas deportivas como son a Carreira Popular Mar de Boiro, a Festa da Bici ou outros torneos e actividades que se desenvolven coa colaboración dos clubs deportivos do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.