Randstad, empresa de recursos humanos, emitiu este xoves 1 de xuño un comunicado no que reflicte unha importante demanda laboral na nosa comarca. Na información faise saber que o sector do mar e dos produtos pesqueiros está a buscar a través da dita axencia 100 profesionais na comarca de Barbanza (A Coruña) e na contorna do Grove para traballar en conserveira. En palabras da empresa, “para postularnos a esta oferta será necesaria certa experiencia na limpeza de atún, dispoñibilidade para traballar a quendas e dispoñer de vehículo”. E engaden fontes de Randstad: “Trátase dunha gran oportunidade para formar parte dun dos sectores máis dinámicos no que se refire a xeración de emprego”.
De feito, e segundo a Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB), continúa sendo o sector industrial con maior fortaleza en España. Amais, a industria de alimentación e bebidas representa o 19,3% da industria manufactureira e cerca do 2,5% do total da economía española.
Os candidatos poden acceder ás ofertas a través da web de Randstad.



