A Pobra, unha das seis sedes da Campaña de Vela 2023

01 Xuño 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal participa, a través da Área dos Deportes, na Campaña de Vela 2023, impulsada pola Deputación da Coruña. Deste xeito, a vila é unha das seis sedes deste programa para inculcar a práctica dos deportes náuticos entre a rapazada de toda a provincia con idades comprendidas entre os 9 e 18 anos.

O curso terá unha duración de cinco días en grupos de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, que incluirá unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela. A Pobra correspóndese coa cuarta quenda, que transcorrerá do día 7 ao 11 de agosto.

A solicitude deberase entregar no rexistro do Concello no período comprendido entre o día 15 de xuño e o 26 de xullo.

O tríptico coa ficha de inscrición está tamén ao dispor na páxina web www.apobra.gal. Porén, a documentación e o pagamento da taxa por un importe de 25 euros non se efectuará ata que a Administración local confirme a praza.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.