Venres con chuvascos localmente tormentosos

25 Maio 2023

Para o venres teremos unha xornada de inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos, localmente treboentos pola tarde. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. Vento de compoñente leste, moderado, con intervalos fortes no litoral noroeste, máis frouxos no interior.

meteogalicia

O noso mar: Chuvascos localmente tormentosos. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros. Visibilidade boa. Forte marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.