A Pobra celebrou este xoves 25 o seu pleno ordinario de maio (co rexeitamento do PP ante dous dos puntos presentados)

25 Maio 2023

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu este 25 de maio, a partir das 13.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación.

Imaxe do pleno deste mércores, no intre en que os representantes do PP abandonan a sesión

A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación actas anteriores (13 de febreiro, 13 de abril e 2 de maio de 2023).

O voceiro do PP intervén para explicar a intención do partido ao que representa de abandonar a sesión de continuar na orde do día os seguintes puntos. Os puntos mantéñense e os/as concelleiros/as do PP abandonan o salón de plenos.

  1. Proposta da alcaldía para inicio de expediente para a reversión da xestión da Piscina Municipal. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). Buscouse con esta proposta facilitar o traballo do goberno entrante, coa finalidade de evitar “que atopase un baleiro de xestión na Piscina”, en palabras do equipo de Goberno. O PP cualificou a proposta de “partidaria e partidista” e argumentou que lle parecía máis aconsellábel que fose a nova Corporación, resultante das eleccións deste domingo, a que debatera a fondo os ditos puntos.
  1. Proposta da alcaldía para aprobación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ao seguinte asunto de urxencia.

  1. Proposta da Alcaldía sobre a cualificación xurídica dun camiño público. Aprobada a urxencia con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). Aprobada a proposta con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.