Este sábado 27 de maio ás 12.00 h temos unha cita cos contos de Anxo Moure no Parque Periurbano de San Roque.
Pés de lobo é o título que Anxo dá á súa sesión de narración oral dirixida a toda a familia. No contorno do Parque de San de Roque escoitaremos as preciosas historias dun vello home lobo, bo e cariñoso, que se acompaña dun monicreque de man nas súas narracións. O home das árbores vai ser este sábado o home da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia.
• Pés de lobo, contacontos de Anxo Moure
• Para nenos e nenas de 3 anos en diante e as súas familias
• Sábado 27 de maio
• 12.00 h




