O Concello de Boiro confirmou a recepción dunha subvención da Deputación da Coruña por importe de 20.000 euros para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo. O obxecto desta axuda é “promover e potenciar as actividades turísticas que se desenvolven durante a época estival”.

O Concello pon o foco no seu carácter turístico e na gran cantidade de visitantes que recibe durante o verán, “tanto persoas que teñen en Boiro a súa residencia como outras que pasan a época estival e visitan o municipio, persoas que se interesan polas propostas turísticas do destino”. O destino desta subvención será atender as instalacións turísticas do Concello, facilitando información sobre itinerarios de interese no municipio e arredores; promover o Camiño A Orixe e outros atractivos e propostas de ocio; prestar servizo na Oficina de Turismo e stands en eventos e actividades…



