A praia de Castro de Baroña entre as máis espectaculares, segundo National Geographic

23 Maio 2023

A revista National Geographic elaborou unha listaxe coas praias máis espectaculares de España e tres delas sitúanse en Galicia. Na nosa comarca aparece a Praia de Castro de Baroña, en Porto do Son.
Segundo a emblemática revista a tan só uns quilómetros da localidade de Porto do Son, localízase unha das praias máis especiais de Galicia.

Unha histórica praia de tradición nudista, de area fina e augas limpas.
A praia ofrece unha bonita panorámica da ría de Muros e Noia e está situada ademais á beira dun dos castros máis espectaculares e mellor conservados de Galicia: o castro de Baroña.

“As augas son algo frías, sobre todo para os afeitos ao Mediterráneo, pero a cambio din os entendidos que teñen tanto iodo que son perfectas para broncearse”, destaca National Geographic.

Xuntoa Baroña aparecen tamén a Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo) e a Praia de Rodas, nas Illas Cíes.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.