Amicos renova un ano máis o programa de intermediación laboral para mulleres vítimas da violencia

23 Maio 2023

O Servizo de Orientación Laboral da Asociación Amicos segue avanzando na prestación de apoio e a orientación das persoas en situación de vulnerabilidade e incorpora, por terceiro ano consecutivo, un programa exclusivo para mulleres en situación de violencia de xénero: o programa de intermediación laboral deste colectivo en risco.

Neste senso, a entidade da nosa comarca dá servizo a máis de 1000 persoas con discapacidade ou situación de vulnerabilidade. O pasado ano, o servizo de orientación laboral acadou que 301 persoas atoparan emprego.

O obxectivo principal deste programa específico para mulleres é “acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das mulleres participantes combinada coa concienciación e mediación co tecido industrial da comarca”.

O programa inclúe formación especializada para o emprego: a actividade Envasado, acondicionado
e embalaxe de produtos alimentarios
combinada co curso de Manipulador de alimentos.

Ao remate da formación as persoas asistentes terán a posibilidade de realizar prácticas non laborais.

Actualmente o programa atopase no proceso de selección das participantes inscritas nas oficinas de emprego de Boiro e Vilagarcía e estará activo ata finais de outubro. Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral da Asociación Amicos, incide: “A colaboración e sensibilización activa das empresas para a inserción sociolaboral deste colectivo é moi importante, intentaremos acadar que un terzo das participantes atopen emprego”.

Por outra banda, Berta Miguens, orientadora da asociación, recalca o seguinte: “Desenvolveremos itinerarios personalizados e específicos segundo a situación de cada muller tratando de mellorar a situación sociolaboral e activando posteriormente grupos de auto axuda”.

Este programa é posíbel grazas ao financiamento da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...