Un ancián resulta ferido na comarcal a altura de Ponte Barbanza en A Pobra

22 Maio 2023

Un ancián resultou ferido, inicialmente de carácter leve, nun accidente de tráfico rexistrado ao redor das catro e cinco desta tarde na estrada de titularidade autonómica AC-305, á altura do quilómetro 31,5, na Crocha, na contorna de Ponche Barbanza, na parroquia pobrense de Postmarcos.

Segundo recolle o Diario de Arousa tratouse do conductor dun Ford Focus que se viu implicado nun sinistro consistente nunha saída de vía do devandito vehículo e posterior colisión do seu parte frontal contra o gardarraíl. Foi un particular o que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para comunicar o sucedido, indicando que o condutor e único ocupante do coche accidentado precisaba de asistencia sanitaria.

Os técnicos sanitarios inmobilizaron á vítima, que se atopaba liberada e accesible, e seguidamente procederon á súa evacuación á área de Urxencias do Hospital do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.