O Concello de Outes convocou para este 2023 unha nova edición do Campamento de Verán, abeirado ao Programa Outes Concilia, que, como se indica no seu nome, busca facilitar a harmonía entre a vida familiar e laboral das familias en tempo de vacacións. O Campamento desenvolverase en distintas quendas (media ducia) entre o 22 de xuño e o 8 de setembro. Levará a cabo no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes e estará dirixido a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 16 anos. As prazas son limitadas e o período de inscrición será do 23 ao 29 de maio.




