Este venres 19 de maio proseguen en Dodro as actividades conmemorativas das Letras Galegas, impulsadas dende o Concello. Será co espectáculo infantil As palabras perdidas, de Inventi Teatro, a a partir das 18.00 horas na Casa da Cultura de Dodro. Trátase dunha función de teatro cómico para público familiar. A actividade encádrase no Programa Cultural 2023 da Deputación da Coruña.

Sinopse
A condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. As palabras perdidas é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior. Unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia.

Ficha técnica
Dirección e dramaturxia Bea Campos
Elenco Bea Campos e Marcos Alonso
Asesor lingüístico Carlos Yus
Vestiario Ali Otero
Espazo sonoro María Alonso Costas
Produción Bea Alonso
Escenografía e deseño gráfico J.M. Sagüillo
Axudante de dirección Fernanda Barrio



