Este sábado 14 a cultura da comarca voa alto coa entrega dos XIII Premios Barbantia

11 Decembro 2019

Este sábado 14 de decembro vaise celebrar en Boiro, na Casa da Cultura Ramón Martínez López a partir das 12.30 horas, un dos grandes acontecementos culturais do ano na nosa terra: a entrega de galardóns dos XIII Premios Barbantia da Cultura. Na cita, organizada pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro, tamén está previsto presentar o Anuario de Estudos de Barbanza 2019, o volume número 15 da senlleira publicación cultural da dita asociación e as/os seus integrantes.
Na entrega de galardóns, conducida pola actriz e escritora rianxeira Esther Carrodeguas, distinguirase o labor e a contribución cultural do artista Xoán Fernández (Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2019), o local boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria (Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza 2019) e a poeta noiesa Ana Romaní (Premio Barbantia da Cultura Galega 2019). Os premiados foron elixidos os días pasados a través dos votos dos membros de Barbantia (un proceso de votación que rematou o sábado 30 de novembro).

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.