
A presidenta de Portos, Susana Lenguas, estivo esta mañá, acompañada do alcalde Manuel Ruiz, na localidade de Aguiño para abordar distintas necesidades.
Así, por unha parte, visitaron a nave de redeiras (tamén estivo o patrón maior, José Antonio Santamaría), pois Portos atópase nestes momentos cos estudos técnicos dirixidos a avaliar as posibles necesidades estruturais da instalación con miras a redactar un proxecto para o seu arranxo.
Replanteo
Ademais, dende a entidade se dou o visto bo ao replanteo á rotonda que se vai erixir no acceso ao peirao, no marco das obras de remodelación integral da fronte marítima que está efectuando ao
Concello con fondos europeos FEDER.



