Un home que estaba a reparar o tellado dunha vivenda situada na Rúa Vella de Aguiño resultou ferido á primeira hora desta tarde. A causa da caída foi que cedeu o tellado de uralita e fixo que o home caera o chan desde unha altura de dous metros.
Tras o primeiro recoñecemento que lle fixeron os sanitario comprobouse que o seu estado non era tan grave e foi trasladado nunha ambulancia medicalizada ao hospital de Barbanza.




