Os concellos xa poden solicitar axudas para rehabilitar patrimonio

24 Xuño 2019
O Pazo-Torre de Goiáns, en Boiro, na actualidade pendente dunha rehabilitación integral

20190624 Os concellos de menos de 50.000 habitantes van contar con novas axudas para rehabilitar e rexenerar o seu patrimonio. Segundo fixo saber a Consellería de Medio Ambiente, porase en xogo un orzamento de 6,4 millóns de euros para financiar, con préstamos sen xuros, os ditos proxectos de recuperación de inmóbeis e espazos urbanos. Ademais, as axudas tamén abranguerán a adquisición de predios degradados para a súa posta en valor. O prazo de presentación de solicitudes para os concellos remata o 1 de outubro. Nas anteriores convocatorias participaron Ribeira (Parque Nacional Illas Atlánticas) e Boiro (Torre-Pazo de Goiáns).

O fondo de cooperación achegado por Medio Ambiente busca facilitar as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios das vivendas desatendan as súas obrigas. Nestes casos, informa a consellería, a normativa vixente permite aos consistorios actuar de maneira subsidiaria e logo reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas, pero “moitos concellos non exercen o seu dereito por non dispoñer do financiamento necesario, ao que agora poderán acceder, con xuro cero, a través deste fondo de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo”.

Nas convocatorias de 2017 e 2018 concedéronse préstamos por importe de 3,78 millóns de euros aos concellos de Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Xunqueira de Ambía, Ponteareas, Ribeira e Boiro para a rehabilitación e adquisición de diversas construcións.

Polo que respecta a Ribeira, participa das primeiras axudas á rehabilitación que se conceden para actuacións na primeira área de rehabilitación integral insular, a do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (arquipélagos das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que aglutinan en total 136 vivendas). No que atinxe a Boiro, o fondo de cooperación ten destinado un orzamento de máis de un millón de euros para facilitar o Pazo de Goiáns, que o Goberno local anterior tiña previsto converter en centro cultural e museo.

Outros artigos

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Luns con nubes e claros e choivas cara o serán

O luns será unha xornada de transición coa chegada dunha fronte pola noite. Así, teremos unha mañá de néboas en comarcas do interior que irán deixando ceos pouco nubrados, co avance da mañá irán aumentado as nubes desde o oeste, con chuvias que se irán xeneralizando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...