Comezaron en Noia as actividades para celebrar a festividade do 17 de maio, as Letras Galegas. Entre as accións programadas atópase unha nova edición da Semana das Artes e das Letras, que deu comezo este luns 15, no andar baixo do Casino de Noia estendéndose até o 10, impulsada pola Área de Cultura do Concello.

O programa inclúe un obradoiro de cianotipia (procedemento fotográfico), que se celebrou este luns 15 pola tarde, resultando un éxito de participación e implicación. De feito, a Área de Cultura do Concello fixo saber que nas actividades da Semana traballan xa 140 rapaces e rapazas aprendendo, mellorando e coñecendo a fondo distintos aspectos e técnicas artísticas

Este martes 16 de maio está previsto un taller de banda deseñada Debuxemos o noso mundo. A axenda inclúe tamén o obradoiro Isto vai de contos, o día 17, mércores ás 20:30h; un taller de teatro o xoves 18 ás 20:30 h; e o obradoiro Tiktokeando, o venres 19 ás 20.30 horas.




