“Maiores esquecidos” – José Manuel Pena

15 Maio 2023

As consecuencias do traballo de sol a sol están patentes no rostro de Ramona, unha muller que desde os doce anos non coñeceu outro futuro que o arduo traballo no campo, o estar ao coidado dos animais da facenda e dos numerosos fillos dos seus irmáns así como realizar os labores domésticos cotiáns na casa familiar.

Os anos non lle perdoan e xa entrou a formar parte do nutrido grupo de xubilados con baixas retribucións, aínda que desexaría continuar activa pero as súas graves doenzas non llo permiten. O peor de todo é que tanto traballo, sufrimento e desvelos polos da súa contorna non lle permiten máis que vivir os seus últimos días na soidade do fogar. As circunstancias da vida non lle foron propicias para ter descendencia e agora arrepíntese de non ser máis valente e ter adoptado algún neno.

A Ramona non lle gusta ler, non escoita a radio nin apenas ve a televisión, a non ser a misa dominical. Algunha amiga da nenez achégase a visitala unha ou dúas veces ao mes, os seus familiares uns poucos minutos á semana, o resto do tempo está soa cos seus recordos. Hai xa tempo que lle axexan varias doenzas e de cando en vez acode ao hospital e así poder estar en compañía doutros enfermos e con algúns familiares que irán visitala; isto axúdalle a sentirse un pouco máis querida e viva.

O día que lle dan o alta hospitalaria parece unha nova muller, máis risoña e vital, coma se a compañía e as visitas dos familiares lle desen forza para seguir adiante. O peor de todo é que ao cabo dunhas semanas a soidade volve ser a súa máis fiel compañeira. Vale a pena preguntarnos: seica temos o dereito para abandonar, á súa sorte, aos nosos maiores?, que pasa cos anos que no dedicaron cando eramos novos?, cantas señoras ramonas viven entre nós?, esta é a sociedade e o futuro que desexamos para os nosos fillos? Non nos podemos esquecer que a señora Ramona segue aí.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.