“Imos contar mentiras ou enganámonos a nós mesmos?”. Antón Luaces

12 Maio 2023

Unha das prioridades da presidencia española de turno da Unión Europea será, segundo a nova Secretaria de Pesca Marítima, Isabel Artime, o desenvolvemento económico e social, con especial atención ás leis de pesca marcadas pola UE. Estas prioridades pasan pola autonomía alimentaria, a descarbonización da frota, a remuda xeracional e a mellora do procedemento de toma de decisións da propia Unión Europea, especialmente no que atinxe á determinación de tacs e cotas.

As limitacións á pesca de fondo (inxustas para o Goberno español) podería colidir con esta formulación dada a insistencia en non emendar o Plan de Acción dos Recurso, que reduce as zonas para a pesca de arrastre nos espazos marítimos protexidos e que, polo que se pode supor, non vai ser unha decisión exclusiva da Comunidade Europea se temos en conta os pasos que no mesmo senso están a dar xa tanto países non comunitarios (caso do Reino Unido) como doutros Estados membros (como tal hai que considerar actualmente a Escocia) e que reducen ainda máis as posibilidades de pesca dos 27 en caladoiros que afectan directamente ás frotas de España, Portugal, Francia e Irlanda.

Ou nos engañamos a nós mesmos ou estamos a pechar os ollos perante o que países da nosa contorna están a facer, contando mentiras talvez nun  intento de non asumir a realidade dos feitos: o Reino Unido ven de pechar un proceso de consulta sobre a creación de cinco zonas mariñas altamente protexidas. Unha delas é a zona de Dolphin Head, no Canal da Mancha, que afectará á frota francesa de alta mar.

Mais a proposta de novas zonas protexidas non afecta exclusivamente a un  país alleo á UE, pero que sin embargo repercute en frotas comunitarias de, por exemplo, Portugal, España, Francia, Irlanda, Alemaña e mesmo Países Baixos. Porque, por outra banda, Escocia comprometeuse a crear zonas de proteción total no 10% das súas augas, e os vínculos deste territorio británico coa UE mantéñense vixentes en boa medida.

Case que unha cuarta parte das augas territoriais británica están cubertas por áreas mariñas protexidas que, para os conservacionistas, son  “parques de papel” debido a que hai moi poucas restricións á pesca e ás actividades industriais como o cableado dos parques eólicos en alta mar.

Son estas zonas de exclusión da poesca-como as de Lundy (no  cabal de Bristol) e a illa de Arran (Escocia), moi controvertidas para os pescadores,

Probablemente non sexa máis co principio, xa que logo as autoridades británicas pretebnden unha rfede de  áreas mariñas altamente protexidas para “axudar á recuperación  dos nosos hábitats oceránicos”.

Os seus, obviamente.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.