O Concello de Ribeira informa de que principiou unha actuación dirixida a reforzar a iluminación en catro pasos de peóns da cidade. Concretamente, dous están situados na avenida Miguel Rodríguez Bautista (nos números 4 e 10, que se corresponden co tramo do parque do Centenario), outro na avenida de Ferrol (número 11) e un cuarto na estrada do Touro á altura do parque de Pedra Pateira.
Con tal motivo, explicou o Concello, “vanse instalar en cada paso dous luminarias que iluminen o plano vertical do viandante e faciliten a súa visibilidade, incidindo así na mellora da seguridade viaria”. Entraña as correspondentes canalizacións de cableado ata as liñas de alumeado público.
A adxudicación da actuación recaeu na empresa SETGA e comporta un investimento de 29.711 euros, IVE incluído. Os traballos teñen unha duración de 15 días.




