“Rei, Rei…” – Xulio Xiz

12 Maio 2023

No Reino Unido coroaron rei a Carlos III, tomándose moi en serio a institución e ó monarca que envelleceu agardando a coroa, cun gasto multimillonario. Desfilaron por Londres milleiros de militares da U.K. e da Commonwealt, 35 nacións que son os restos do Imperio Británico, que aceptan ao inglés como rei propio. E o 51% dos briáanicos critica que os gastos da coroacion se fagan con diñeiro público pero non protestan pola figura ou a función, como en países con moita menos pompa.

Os que no 1975 tiñamos uso de razón fomos xoancarlistas porque lle vimos as orellas ao lobo con ETA, o malestar dos militares, o golpe de 1981 e a inseguridade dunha democracia que naceu timidamente sen saber se ao día seguinte ía seguir existindo.

A monarquía – sombras e luces -, leva case medio século de paz e traballo nun país que non a ten abolido porque desconfía de calquera outro réxime posible. E de camiño para o Reino Unido veu o noso Rei Lugo, e Lugo asomouse ao exterior grazas a esa visita.

Os non monárquicos manifestos non asistiron á celebración, o que me parece un erro porque, monárquicos ou non á monarquía sostémola a maioría de españois e galegos, polo que unha das forzas imprescindibles no país, non pode estar de costas a esta realidade. Un concelleiro represéntase a si mesmo, á súa forza política e a todo o concello, por activa ou por pasiva. Concelleiro por ausencia, é un contrasentido.

No Reino Unido manteñen a pompa -por momentos, ópera bufa – por convicción, ou porque saben que a tradición, as formas, a unión cara a fóra, arredor de realidades, institucións ou mitos, é rendible de xeito non cuantificable pero irrebatible.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.