As augas da ría de Muros e Noia distinguirán aos novos campións galegos da Clase ILCA

11 Maio 2023

Juan Caballero.- O Real de Portosín é o club convocante do Campionato Galego da Clase ILCA, o antigo Láser que agora distingue as súas categorías coas denominacións de 4 (o 4.7), 6 (Radial, que é olímpica) e 7 (Standard), e que durante tres xornadas, as do 17, 20 e 21 deste mes de maio, reunirá nas augas da ría de Muros e Noia aos mellores regatistas da comunidade nesta disciplina.

Presentado o evento aos medios de comunicación no salón principal do Club de Portosín, o acto estivo conducido polo seu comodoro, Fernando González, acompañado do concelleiro de Deportes de Porto do Son, Juan Pouso; así como do seu vicecomodoro, José García.

“O motivo de ter tres xornadas repartidas en dous bloques, o primeiro o vindeiro mércores 17 de maio e o segundo os días 20 e 21 é porque ao ser un campionato galego a Real Federación Galega de Vela ten establecido que todas as citas destas características téñense que disputar en tres días e, por motivos de calendario e para que non afecte os regatistas que estudan ou traballan, sexa posíbel aproveitar estas tres datas indicadas”, comentou o comodoro Fernando González.

“A Clase ILCA é unha clase moi numerosa. É por iso que neste campionato a previsión estea a rozar o centenar de embarcacións repartidas nas tres categorías de 4, 6 e 7”, detalla o directivo do club.

“Por parte do Real Club Náutico Portosín agradecer a todas as entidades que fan realidade que poidamos desenvolver estes eventos, empezando polo noso concello (en referencia a Porto do Son) representado aquí polo seu concelleiro de deportes; a Gadis, que tamén sempre nos axuda; a nosa concesionaria do servizo de restauración, El Mirador del Náutico de Portosín; e ás reais federacións galega e española de vela, por confiar en nós”, comentaba o comodoro.

“Para nós, como concello, é un orgullo que o Náutico de Portosín conte connosco cada vez que organizan unha regata ou calquera outra actividade para colaborar ou botarlles unha man no que faga falta”, dicía Juan Pouso.

“O traballo que está a desenvolver o Real Club Náutico de Portosín no fomento do deporte da vela acaba repercutindo no turismo, no comercio e en todas as actividades económicas deste concello”, matizaba o edil de Deportes.

O Campionato Galego de ILCA disputarase sobre unha lámina de auga con trazado técnico entre boias, distinguindo aos ILCA 4, todos menores de 16 anos e que son maioría, uns 50; así como os ILCA 6, preto de unha trintena; e os ILCA 7, aproximadamente uns 20 participantes, embaixadores de máis dunha ducia de entidades náuticas galegas.

Están programadas 9 mangas, disputándose tres por xornada das que polo menos hai que completar tres delas na súa totalidade para validar o campionato.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.