O prazo do concurso da Deputación Palabras de amor: #140enpositivo remata o 17 de maio

10 Maio 2023

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas remata o prazo para presentar traballos ao concurso Palabras de amor: #140enpositivo, convocado pola Biblioteca da Deputación da Coruña e que este ano chega á súa 11ª edición. O certame quere espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes a todas as bibliotecas municipais da provincia, e para iso premiará mensaxes positivas que impulsen e melloren o día a día das persoas a través de palabras de ánimo e apoio.

As mensaxes, ata un máximo de tres por participante, en galego ou en castelán, escritas a man ou en ordenador, terán unha extensión de 280 caracteres, espazos incluídos.

Establécense tres categorías:

Categoría 1: para autores e autoras maiores de 18 anos.

Categoría 2: entre 12 a 17 anos.

Categoría 3: entre 7 a 11 anos

O certame outorgará os seguintes premios:

Nas categorías 1 e 2: un libro electrónico, para o primeiro premio; unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 €, para o segundo premio; e un lote de produtos promocionais da biblioteca provincial, para o terceiro premio.

Na Categoría 3, un lote de produtos de escritura e traballos manuais por valor de 75 €, para o primeiro premio; unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 50 €, para o segundo premio; e un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.

Todos e todas as participantes recibirán, ademais, un pequeno agasallo da biblioteca.

Os traballos deben presentarse dun dos dous seguintes xeitos:

-Enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal co asunto #140enpositivo, e especificando a mensaxe e os datos persoais da autoría (nome e apelidos, enderezo postal e número de teléfono) e en que categoría participan.

-Escribindo as mensaxes nos modelos en papel dispoñibles na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca ou no Servizo de Información, e deixándoas nas caixas de correo habilitados nesas salas.

Finalizado o prazo de participación, anunciaranse os premiados e premiadas na páxina web da biblioteca, fisicamente na propia biblioteca provincial, e nas súas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram. Os traballos presentados expoñeranse na biblioteca e difundiranse nas súas redes sociais e tamén nas da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.