O accidente produciuse no punto quilométrico 1,5 da DP-7202, ao fío das 16:30 horas. Foi, nese momento, cando o 112 Galicia recibiu a alerta da colisión a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar do sinistro. Finalmente, a muller foi evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario.
Ao lugar dos feitos tamén acudiron, tras ser alertados polos xestores do 112 Galicia, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, así como os voluntarios de Protección Civil de Rianxo.




