Convocadas axudas para proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

09 Maio 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para proxectos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para o ano 2023 por preto de 150.000 euros. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá, mércores, 10 de maio, e as axudas, que se concederán por concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable. 

Durante a presentación do libro Illas á vista, que tivo lugar no Centro de visitantes do parque natural, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, detallou que poderán beneficiarse destas axudas os concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo; persoas empadroadas ou titulares dunha concesión na área influencia do parque; institucións sen fin de lucro, e entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento de recursos naturais renovables na área. 

Son accións subvencionables as iniciativas de conservación ou restauración do patrimonio da zona; a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, actuacións dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais da zona, a posta en marcha de actividades económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación nos valores deste espazo natural. 

Precisamente o libro infantil Illas á vista, cuxa autora é Rena Ortega e na que estivo presente alumnado do Colexio Plurilingüe Niño Jesús de Praga, beneficiouse dunha axuda desta liña de financiamento na convocatoria anterior ao abeiro do obxectivo de promover os valores ambientais do parque nacional. De feito, segundo subliñou a conselleira, esta publicación permite dar a coñecer entre a cativada “a flora, a fauna, como pasar un día no Parque, como ir ataviados, que facer e non facer”.A conselleira, que tamén asistiu, xunto con alumnos do CEIP García Barbón, ao contacontos Perigo no fondo do mar, puxo en valor estas actividades educativas, que xunto con outras iniciativas como concursos ou visitas guiadas, promoven a sensibilización do público infantil a través do coñecemento dos valores do parque co obxectivo de que leve a cabo un labor de divulgación da riqueza natural e patrimonial deste espazo protexido entre as persoas do seu entorno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.