Os artistas barbanzáns Manuel Ayaso e Alfonso Costa homenaxean a Picasso na nova mostra do Museo do Gravado

08 Maio 2023

A Fundación Museo de Artes do Gravado á estampa Dixital acollerá esta semana a inauguración dunha nova mostra: a exposición Homenaxe a Picasso: Manuel Ayaso e Alfonso Costa. Será este venres 12 de maio, ás 20.00 h na sala 1 do Museo do Gravado (Artes, Ribeira). Poderá visitarse até o 30 de xuño.

Alfonso Costa, nado en Noia en 1943, é un dos grandes artistas da nosa comarca e de Galicia das pasadas décadas. Formouse en Barcelona, na Llotja, Escola de Artes e Oficios, e en 1967 realizou a súa primeira exposición. En 1972 conseguiu unha bolsa da Fundación March para ir a Florencia. Comezou a expoñer en Lisboa, A Habana etc. En 1983 conseguiu unha bolsa do Ministerio de Cultura. En 1984 rematou unha pintura de 2.000 metros cadrados. Realizou murais para diversas institucións. En 1988 realizou unha grande exposición no Kiosko Alfonso da Coruña. En 1997 instalouse definitivamente en Galicia. Pintou diversos murais, como a cúpula do Liceo de Noia, realizou esculturas públicas, editáronse varias publicacións sobre a súa obra, e recibiu múltiples premios e mencións.

Figura, entre outros, nos museos provinciais de Lugo e Pontevedra, de Sada, da Coruña; de Arte Moderno de Barcelona, de Palma de Mallorca, de Hospitalet, Barcelona, Provincial de Burgos, de Arte moderno de Madrid, Zabaleta de Quesada, Xaén; de Xirona; de Ostende, Bélxica; de Vigo e da Fundación March, en Madrid. Tamén: Museo da Emigración Galega, Buenos Aires (Argentina), Casa de la Cultura de Menden (Alemaña), Vaticano (Roma), Casa de la Cultura de Arnsberg (Alemaña), Museo de Arnsberg (Alemaña), Casa Henri Abelé (Francia).

Fonte: Galipedia.

Pola súa anda, Manuel Ayaso naceu en Aguiño, en 1934. Márchase en plena postguerra para os Estados Unidos, onde inicia os seus estudos na Newark Schooll of Fine and Indsustrial Arts de Netwark, en New Jersey. Viviu case toda a súa vida en América, pero como a súa obra demostra, non se esqueceu en ningún momento da súa terra natal.

Como esencia, na súa obra atópase a obra de Goya, Picasso, o Bosco, e os debuxos de Leonardo. Pasou polo influxo do cubismo, pola pintura mexicana dos muralistas, sobre todo Orozco, pero foise atopando co que el considera expresionismo simbólico.

Se algo destaca para o espectador na obra de Manuel Ayaso é a particular temática que o fai inconfundíbel: baseado nos recordos da súa infancia en Aguiño (A Coruña) cunha forte presenza da temática relixiosa, das traxedias da costa dá Morte, e das lendas e supersticións galegas, pero hai tamén influencias literarias de Rosalía, Valle Inclán, Kafka ou García Márquez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.