Inaugurada en Ribeira (no Consistorio e Museo do Gravado) unha mostra dupla de Julio Zachrisson

05 Maio 2023

O Museo de Artes do Gravado e a Estampa Dixital (Ribeira) e o Consistorio de Ribeira acolleron este venres 5 de maio a inauguración dunha mostra do artista panameño Julio Zachrisson, baixo o epígrafe Entre dous mundos. A dupla exposición poderá contemplarse na sala 2 do Museo do Gravado e na Casa do Concello de Ribeira. No acto participaron Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado, Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira e presidente do Padroado do Museo, e María Sampedro, concelleira de Cultura.

Julio Augusto Zachrisson Acevedo​ (Cidade de Panamá, 5 de febreiro de 1901​-Madrid, 18 de decembro de 2021),​ foi un pintor, gravador e escultor panameño afincado en Madrid.

Ao longo da súa carreira recibiu significativos recoñecementos como o Primeiro Premio de Pintura, Concurso Soberanía do Instituto Nacional de Cultura, Panamá (1975), Accésit VI Premio Gravado Bienal de San Juan, Porto Rico (1992), o Premio Concurso Nacional de Gravado, da Academia de BB. AA. de San Fernando, Madrid (1993), Premio Gravado “Aragón Goya”, Goberno de Aragón, Zaragoza (1996) e a Condecoración “Vasco Núñez de Balboa”, Goberno de Panamá (2006) entre outros.

A súa obra forma parte de importantes coleccións como as da Biblioteca Nacional de España, o Museo de Arte Contemporánea, en Madrid; o Museo de Arte Contemporánea de América Latina, Washington, D.C.; Museum of Modern Art e Metropolitan Museum of Art, ambos en Nova York; Museo de Posnam, Polonia, Cincinatti Art Museum, Cincinatti, Ohio, Museo do Gravado, Fuendetodos, Zaragoza, España, Instituto de Artes Gráficas, Oaxaca, México, así como en coleccións ao redor do mundo (Iugoslavia, Iraq, Colombia, Chile, Porto Rico, Francia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.