O Club de Remo de Boiro, distinguido polas bandeiras acadadas no Campionato de España de bateis

05 Maio 2023


A Casa da Cultura de Boiro acolleu este xoves 4 de maio unha entrega de recoñecementos e distincións ao Club de Remo polos éxitos acadados nos Campionatos de España e Galego de Bateis, así como no Campionato Territorial Norte. No acto participaron o alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o presidente do Club, Luís Piñeiro; e a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Marga Hermo.

Máis de 80 deportistas do Club que acadaron medallas e bandeiras nos campionatos foron recoñecidos este xoves na Casa da Cultura de Boiro. A mención especial foi para os equipos infantil feminino e sénior absoluto masculino que acadaron ouro e bandeira no Campionato de España.

Por parte da directiva destacaron tamén os outros éxitos acadados nas distintas categorías, xa que ningún outro club acadou cinco bandeiras nun mesmo campionato galego.

O alcalde, José Ramón Romero, destacou o esforzo e dedicación de todos os deportistas do club. Tamén fixo mención “á importancia do traballo realizado pola directiva e tamén á colaboración de administracións, empresas e socios, porque grazas a todos eles os resultados son cada vez mellores”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.