O Museo de Artes inaugura este venres unha mostra do artista panameño Julio Zachrisson

04 Maio 2023

O Museo de Artes do Gravado e a Estampa Dixital (Ribeira) e o Consistorio de Ribeira acollen este venres 5 de maio a inauguración dunha mostra do artista Julio Zachrisson, baixo o epígrafe Entre dous mundos. A exposición activarase este venres, 5 de maio, ás 12.00 h na sala 2 do Museo do Gravado e ás 13.30 h na Casa do Concello de Ribeira.

Julio Augusto Zachrisson Acevedo​ (Cidade de Panamá, 5 de febreiro de 19301​-Madrid, 18 de decembro de 2021),​ foi un pintor, gravador e escultor panameño afincado en Madrid.

Ao longo da súa carreira recibiu significativos recoñecementos como o Primeiro Premio de Pintura, Concurso Soberanía do Instituto Nacional de Cultura, Panamá (1975), Accésit VI Premio Gravado Bienal de San Juan, Porto Rico (1992), o Premio Concurso Nacional de Gravado, da Academia de BB. AA. de San Fernando, Madrid (1993), Premio Gravado “Aragón Goya”, Goberno de Aragón, Zaragoza (1996) e a Condecoración “Vasco Núñez de Balboa”, Goberno de Panamá (2006) entre outros.

A súa obra forma parte de importantes coleccións como as da Biblioteca Nacional de España, o Museo de Arte Contemporánea, en Madrid; o Museo de Arte Contemporánea de América Latina, Washington, D.C.; Museum of Modern Art e Metropolitan Museum of Art, ambos en Nova York; Museo de Posnam, Polonia, Cincinatti Art Museum, Cincinatti, Ohio, Museo do Gravado, Fuendetodos, Zaragoza, España, Instituto de Artes Gráficas, Oaxaca, México, así como en coleccións ao redor do mundo (Iugoslavia, Iraq, Colombia, Chile, Porto Rico, Francia).

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.