O 6 de maio comeza en Noia unha nova edición da Semana da Historia

02 Maio 2023

Os días pasados presentouse en Noia a nova edición (a número once) da Semana da Historia, que este ano vén cun programa fortalecido e ampliado de actividades e que está previsto que se celebre entre os días 6 e 13 de maio, no Teatro Coliseo de Noia e da man do Concello.

Segundo fixeron saber na presentación o escritor e historiador local Xerardo Agrafoxo e máis o concelleiro de Cultura, José Pérez, “trátase dunha axenda moi completa que tocará diferentes disciplinas, dende historia, arqueoloxía e arte, pasando por arquitectura e música, ata teatro, danza ou o mundo audiovisual”.

As xornadas darán comezo o sábado 6 ás 19.00 coa presentación da guía cultural Noia Terra Privilegiata, da man de Xerardo Agrafoxo. Nesta mesma xornada do sábado está prevista unha ruta polas rúas da vila (Noia) chamada Portus Apostoli, oficiada por Iria Caamaño (profesora de Socioloxía na Facultade de Turismo da UDC) e polo experto en visitas guiadas e teatralizadas Serafín Marcos.

Os días seguintes proseguirán as actividades cun percorrido pola orixe das parroquias de Noia, pola figura do arcebispo Xelmírez, polas cantigas de amor de Osorio Anes (trobador de Toxosoutos), pola torre e a porta da Peregrina e pola paisaxe urbana e a alimentación na vila medieval de Noia.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.