A familia de Ribeira que tiña o desaloxo fixado para este mércores recibe un alugueiro social da UCI (Grupo Santander)

02 Maio 2023

A Plataforma Stop Desahucios Barbanza informou do resultado positivo das xestións levadas a cabo, xunto coa Oficina da Valedora do Pobo, para mellorar a situación de alta vulnerabilidade dunha familia de Ribeira de catro membros que se atopaba en risco de quedar sen vivenda. Segundo lembra a plataforma, a Oicina da Valedora do Pobo instou á entidade financeira de Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI) do Grupo Santander a permitir a concesión dun alugueiro social para a devandita familia de Ribeira, o que evitaría o desafiuzamento sinalado do seu domicilio, por parte do Xulgado Número 1 de Ribeira, para esta mesma semana (este mércores 3 de maio). A plataforma informou de que finalmente a entidade UCI do Grupo Santander concedeu o alugueiro social á familia de Ribeira. Con esta decisión suspéndese o procedemento xudicial de execución hipotecaria, deixando sen efecto o desaloxo da familia, que contará co impotante apoio dun custe de alugueiro a un prezo asumíbel e por un período de cinco a sete anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.