A marca de calidade Xouba de Rianxo empezará a comercializarse esta campaña

29 Abril 2023

Dirixentes da confraría rianxeira mantiveron un encontro cun grupo de pescadores e profesionais de venda polo miúdo para explicarlles que esta campaña xa se poderá comercializar a marca de calidade Xouba de Rianxo-Pesca Artesanal-Arte do Xeito, despois de que a finais de marzo se aprobase o rexistro por parte da Oficina Española de Patentes e Marcas.

No encontro falouse da comercialización e do funcionamento do sistema de rastrexabilidade que haberá que cumprir unha vez que sexan admitidos como usuarios comercializadores deste distintivo. Ademais, tamén se adiantou que se prevén realizar distintas campañas de colaboración con prazas de abastos co obxectivo de promocionar a marca.

A confraría de Rianxo mantivo xuntanza cos pescadores e profesionais de venda polo miúdo. remitida

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.