Catoira busca apoio para reclamar a intermodalidad entre a súa estación de tren e a comarca do Barbanza

29 Abril 2023

O alcalde de Catoira, Alberto García, iniciou reunións con colectivos empresariais e sociais ao obxecto de solicitar apoios para reclamar  ante a Xunta de Galicia e o Goberno central a intermodalidad e converter a estación de Catoria nun referente na comarca.

Tras o encontro mantido o pasado 4 de abril con representantes de Comisións Obreiras, o edil reuniuse con Manuel Tomei e Susi Sixto, presidente e administradora da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores da Pobra do Caramiñal e acordaron “traballar conxuntamente na procura de apoios” para que a estación de ferrocarril de Catoira “sexa unha referencia para a comarca do Barbanza”.

Nesta mesma liña, e tras o acordado cos representantes sindicais a principios deste mes, consideran necesario “apostar pola intermodalidad, establecendo os medios de transporte que sexan necesarios para facilitar á poboación dos municipios de Rianxo, Boiro, Ribeira e A Pobra os desprazamentos en tren de proximidade”.

Así mesmo, esta medida repercute directamente nos estudantes que se desprazan ás principais cidades e que teñen que dispoñer de familiares ou achegados que os trasladen á estación en vehículos privados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.