Vegalsa-Eroski amplía o seu servizo de venda en liña con 9 novos puntos de recollida en Galicia, entre eles o de Noia

27 Abril 2023


A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski reforza o seu servizo de venda en liña grazas á ampliación de 21 novos puntos de recollida na súa rede de establecementos, nove deles en supermercados galegos.

Estes establecementos suman aos seus servizos habituais o de recollida da compra en liña como mostra da aposta que o grupo empresarial fai por ofrecer ao cliente soluciones integrais ás súas necesidades específicas de compra. Na actualidade, Vegalsa-Eroski conta cun total de 40 establecementos con puntos de recollida Collect e Drive en toda a súa rede, 28 deles na insignia Eroski e 12 en Autoservizos Familia.

No caso de novos puntos en Galicia, trátase de puntos Click&Drive, unha modalidade do súper en liña, centrado na recollida de pedido a través da zona de aparcamento. Desde a web https://supermercado.eroski.es/ o consumidor pode facer a compra desde calquera lugar e recollela no supermercado Eroski máis próximo sen baixarse do coche.

Nos centros con este sistema, segundo informa a compañía en nota de prensa, o usuario dispón dunha praza de aparcamento reservada para o servizo Click&Drive na zona de aparcadoiro, rotulada para ese fin e cun telefonillo á súa disposición, ao que deberá chamar unha vez chegue á tenda. Desde aí, o equipo do establecemento faralle chegar a compra e dispoñeralla directamente no seu maleteiro.

O pedido pode facerse ata as 14:00 horas para recoller no mesmo día e é un servizo gratuíto a partir de 30 euros de compra. Agora, os supermercados Eroski Center de Vilanova e Vilalonga, Burela e A Guarda, ademais dos hipermercados Eroski de Noia, Ribadeo, A Sionlla (Santiago de Compostela), Nigrán e A Barca (Pontevedra) contan xa con este servizo, sumándose aos Eroski Center de Vioño, O Seixal e Mesoiro na Coruña, Choupana en Santiago de Compostela e A Milagrosa en Lugo que xa contaban con este sistema.

Pola súa banda, o resto de novos puntos, a instalar en supermercados de Asturias e Castela e León, serán da modalidade Click&Collect, un servizo 100% gratuíto e exclusivo da compra en liña que se caracteriza por adaptarse ás necesidades de cada consumidor, sen depender dun horario de entrega no domicilio. Desde a web https://www.familiaonline.es/ o cliente pode facer a compra desde calquera lugar e recollela na tenda máis próxima con este servizo, á hora que desexe. Para iso, o cliente simplemente ten que entrar ao supermercado e dirixirse ao momento de recollida sinalizado para a entrega do pedido, que se pode facer ata as 18h para recoller no mesmo día.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.