A Aula CeMIT de Ribeira achega en maio un obradoiro sobre informática básica e outro sobre Google Drive

24 Abril 2023

A Aula CeMIT de Ribeira, centro local de capacitación tecnolóxica ao servizo da cidadanía situado no barrio de Cubeliños, vai ser escenario no próximo mes de maio de dous novos cursos de carácter presencial e gratuíto destinados a reducir a fenda dixital no concello. Un dos obradoiros estará dedicado a informática básica e o outro a ofimática na nube (Google Drive).

En ambos casos as sesións formativas desenvolveranse do 3 ao 31 de maio, en horarios de 9.30 a 11 e 11.30 a 13 horas, respectivamente. As inscricións pódense formalizar na páxina web da Aula CeMIT.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.