
Varias pintadas nas paredes da Pobra en contra do candidato do Partido Popular, Manuel Durán, están a quentala precampaña local.
A realización dos grafitis produciuse durante da madrugada deste xoves, en total cinco pintadas en distintos puntos da vila con mensaxes nos que se vincula ao candidato dos populares pobrenses coa droga.
As pintadas realizaronse na rúa Venecia, o cemiterio, a zona da Angustia e a aldea de Ponche. Dos cinco grafitis, tres deles foron realizados con espray vermello, mentres os dous restantes son de cor negra.
Manuel Durán, convocou unha rolda de prensa que terá lugar este venres ás 10.00 horas no paseo de Os Areos para referirse ás pintadas contra a súa persoa.



