A Piscina Municipal de Boiro acolle este sábado a cuarta xornada da Liga Infantil de Natación

19 Abril 2023


A Piscina Municipal de Boiro acolle o vindeiro sábado 22 de abril a 4º xornada da Liga Infantil de Natación, a primeira competición oficial que se celebra nas instalacións logo da súa homologación. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o director técnico do club, Carlos Brión, participaron na presentación da proba.

A competición, que prevista para este sábado 22 de abril a partir das 17.00 horas, vai acoller a preto de 100 nadadores de clubs de diversas partes de Galicia. Na proba participan rapazas de entre 13 e 15 anos e rapaces de entre 15 e 16 anos.

“Contamos con varios nadadores do noso club que compiten para mellorar marcas e clasificarse para competicións autonómicas e nacionais”, afirmou o director técnico do Club de Natación Boiro, Carlos Brión.

A deste sábado vai ser a primeira proba oficial dende a homologación das instalacións que, tal e como afirmou a concelleira, “foi posíbel conseguir gracias ao traballo coordinado entre o Club e o Concello”. Esta homologación, coa que se van poder disputar probas oficiais como a deste sábado, vai permitir ao Club de nadadores de Boiro mellorar os resultados da súa actividade deportiva.

O Concello de Boiro continúa a traballar para a mellora das instalacións co obxectivo de prestar un mellor servizo. “O seguinte paso será a ampliación das instalacións e a dotación da piscina dunha gradaría que permita desfrutar das competicións como a deste sábado”, recoñeceu a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.