A Deputación da Coruña financia a compra de vehículos para o Servizo de Axuda no Fogar en Outes e Carnota

19 Abril 2023

A Deputación da Coruña vén de publicar no BOP a concesión provisional da convocatoria de axudas correspondentes ao programa FOIC/2023 que concede a Deputación da Coruña para financiar a adquisición de vehículos por parte dos concellos para os desprazamentos do persoal do servizo de axuda no fogar. É a primeira vez a Deputación convoca estas axudas destinadas á compra de vehículos.

O orzamento destinado para esta liña de subvencións é de 200.000 euros e o importe máximo concedido por concello elevouse ata os 20.000 euros. Os automóbiles adquiridos deberán ser novos ou de quilómetro cero. Esta medida ten como obxectivo realizar un apoio económico ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes para a mellora da prestación esencial do SAF.

Os concellos que recibirán esta axuda, segundo a resolución provisional, serán Mañón, Carnota, Aranga, Ortigueira, Oza Cesuras, Tordoia, Outes, As Pontes, Irixoa e As Somozas. A Deputación concedeu a todos eles unha achega de 20.000 euros agás ao Concello de Oza Cesuras, que recibirá 17.700 euros. A contía da concesión publicada hoxe ascende, polo tanto, a 197.700 euros.

As entidades solicitantes deberán estar prestando o SAF con persoal auxiliar propio. Ademais, deberán adscribir o vehículo aos servizos sociais para o seu uso polo persoal no fogar propio, e polo resto de persoal técnico do programa de SAF da modalidade de libre concorrencia durante toda a súa vida útil, que deberá ser un mínimo de 5 anos.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destaca que esta nova liña “pretende dar solución a unha das principais demandas que nos trasladan os pequenos municipios que xestionan directamente os servizos de axuda no fogar, como é o desprazamento do persoal en distancias que ás veces, sobre todo nos concellos rurais, son  de moitos quilómetros e que ata agora viñan asumindo con vehículos particulares”.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, enmarca esta nova liña de axudas “na estratexia de mellora continua que estamos a aplicar nas políticas sociais da Deputación da Coruña, reforzando non só o persoal e as horas se axuda no fogar que financia a Deputación, senón tamén cuestións coma os desprazamentos que ata agora non estaban contempladas”.

A Deputación da Coruña destina este ano 8,3 millóns de euros ao programa de servizos sociais comunitarios, o que permitirá financiar 411.000 horas de servizo axuda no fogar e contratar a 179 profesionais do ámbito social nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...