“Viven para o Camiño”. Luís Celeiro

19 Abril 2023

Volvemos ao Camiño para seguir andando cara ao futuro. Estamos na Galicia de sempre enterrada entre mar e a terra, entre o val e a serra, entre ríos e paredes de pedra. Na Galicia das estrelas que nos miran e que nos alumean, na do sol que nos quenta e na das nevaradas que se retiran e que se esquecen. Temos mar para camiñar por el, temos Portugal ao lado e as terras de Sanabria, O Bierzo e Asturias cosidas a nós, como anacos da mesma peza, con fío xacobeo.
Máis de duascentas persoas achegaranse a Galicia para falar, conferenciar e debater sobre aspectos distintos do Camiño de Santiago, aquí e fóra, no Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas, en Ourense, na ourela do Miño, na terra das augas quentes, a cen
quilómetros de Santiago de Compostela. Veñen de doce países distintos e co mesmo fervor.
Na memoria colectiva está presente aquel amigo, o cura do Cebreiro, Elías Valiña Sampedro.
Da organización encárgase a Asociación Cultural Amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Prata Ourense, que preside José Luis Rodríguez Cid e da que é secretario José Antonio Quintas, outro entusiasta peregrino e, nesta ocasión, presidente do comité organizador do Congreso. Os seus esforzos únense ao dos conferenciantes e relatores que participan nas distintas xornadas científicas e de divulgación dos valores do Camiño de Santiago.
Galicia, efectivamente, é un espazo de interese xacobeo, con rutas atravesando as catro provincias e rematando o seu recorrido en Santiago de Compostela, na procura de que ninguén quede atrás e aproveitando a sensibilidade e a espiritualidade xacobeas para o desenvolvemento social e cultural do noso país e daqueles países, cidades e lugares por onde vén o Camiño de Santiago, por terra, por mar ou polo aire.
As asociacións de Amigos, irmandadas e federadas ou por solitario, son agrupacións de voluntariado que achegan a palabra e os feitos á alma dos peregrinos e das sociedades deonde veñen e por onde que andan. Parabéns para todos aqueles que participan no Congreso, por deixarnos algo da súa ciencia e do seu saber. O compromiso de impulsar e promover as asociacións de amigos do Camiño ten data concreta, foi en 1985 naquela reunión de Santiago de Compostela, cando se nomea ao cura do Cebreiro como coordinador das accións xacobeas.
O traballo daquel home que vivía na montaña luguesa acadou enorme importancia e hoxe, a Tía Manuela, xunto con don Elías Valiña, quere honrar tamén a un amigo, a un dos peregrinos peregrino, Alejandro Uli Ballaz, aquel que dividía á multitude xacobea en dous grupos: Os que “viven para o Camiño” e os que “viven do Camiño”. Vostede que pensa?

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.