Remolcado o pesqueiro Ruco a Porto do Son

18 Abril 2023

O pesqueiro Ruco tivo que pedir axuda cando navegaba con catro tripulantes pola ría de Muros-Noia. Fixo a unhas catro millas de distancia de monte Louro.

Desde o pesqueiro solicitouse apoio ao Centro Coordinador de Fisterra, indicaron en Salvamento Marítimo, ao sufrir un fallo mecánico. Mobilizouse a embarcación de rescate Salvamar Régulus para prestar asistencia e remolcar ao barco.

O Ruco foi trasladado ao porto de Porto do Son sen que os seus tripulantes sufrisen ningún contratempo.

Pesqueiro RUCO a unhas 4 millas WSW de Monte Louro (Ría de Muros) solicita remolque por falllo mecánico. 4 tripulantes. CCS Fisterra mobiliza Salvamar Regulus, que o remolca a Porto de Son

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.