Programada unha saída pola ruta As Pegadas de Rosalía para o sábado 29 de abril

18 Abril 2023

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón programaron para o sábado 29 de abril unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis referenciais da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario: un itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo FITUR en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado As Pegadas de Rosalía, en xaneiro do ano 2018. As inscricións son gratuítas e deberán realizarse a través dunha ligazón específica ata o día 25 de abril. As prazas serán adxudicadas por orde de rexistro e deberase seleccionar o punto de saída e regreso do autocar.

A saída está programada para o próximo sábado, día 29 de abril, e desenvolverase entre as 9:15 horas e as 19:00 horas. No caso de Ames, haberá servizo de autocar dende a Casa da Cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os horarios e puntos de recollida son os seguintes:

  • Dodro – Pazo de Lestrobe: 09:15 horas
  • Padrón – Biblioteca: 09:30 horas
  • Ames (O Milladoiro) – Casa da Cultura: 09:45 horas
  • Brión – Carballeira de Sta. Minia: 09:45 horas
  • Ames (Bertamiráns) – Pazo da Peregrina: 10:00 horas

Durante o percorrido visitaranse os lugares pertencentes ao territorio destes concellos que marcaron a vida e a obra da nosa autora máis universal. A ruta comezará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, continuando ata a Tarroeira, na parroquia de Ortoño, no concello de Ames. A seguinte parada será en Brión, e recalará na igrexa de Bastavales, cuxas campás protagonizan un dos seus versos máis afamados e soarán para o deleite das persoas participantes. Cara a hora do almorzo está prevista a chegada á vila de Padrón onde se dispoñerá de tempo libre para descansar e comer (a comida non está incluída). Xa pola tarde proseguirase o itinerario previsto polos concellos de Dodro e Padrón, visitando as Torres de Hermida, o Espolón e a casa onde Rosalía viviu con súa nai para finalizar na Casa Museo onde faleceu o día 15 de xullo do ano 1885.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.