A Área de Deportes do Concello de Porto do Son organiza esta tempada un curso gratuíto de planificación do adestramento deportivo de pretemporada. O obxectivo desta actividade formativa de catro horas de duración (o 21 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas) é “concienciar á poboación da importancia dunha práctica deportiva en condicións de seguridade; así como adaptar a práctica deportiva ás condicións físicas e de idade da persoa, con especial atención á práctica do fútbol”.
🏫 A sesión correrá a cargo de Pablo Martínez Fernández, doutorando en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, mestrado en Preparación Física de Fútbol, postgrado en Análise do Xogo e Actualización Profesional do Adestrador, adestrador de Fútbol UEFA-A, mestrado universitario en Adestramento Funcional de Alto Rendemento e graduado en Ciencias de la Actividade Física e do Deporte. O ten as inscricións abertas até este mércores 19 de abril. A inscrición cómpre formalizala a través da conta jose.pazo@portodoson.gal.




