O Concello da Pobra presenta unha ruta guiada para afondar no patrimonio xeolóxico da contorna do río das Pedras

14 Abril 2023

O Concello da Pobra presentou este venres 14 de abril unha nova actividade lúdico-formativo para desfrutar ao aire libre: unha ruta para coñecer os tesouros xeolóxicos do río das Pedras e da súa contorna.

A concelleira do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, Genoveva Hermo, xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González, explicaron que a ruta ten a finalizade de pór en valor a riqueza do territorio nesta área do municipio, ademais de coñecer o proceso de formación da paisaxe e a súa evolución no tempo.

O xeólogo Francisco Canosa Martínez guiará esta proposta no 23 de abril. A praza Alcalde Segundo Durán figura como punto de encontro ás 10.00 horas, para se desprazar en vehículos particulares ao aparcadoiro da Aldea Vella, para logo iniciar a pé un itinerario que, ao longo de 5 quilómetros, percorrerá a contorna dun dos espazos naturais máis emblemáticos da localidade.

Establécense un total de 20 prazas e as inscricións efectuaranse de balde a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.