Gómez-Reino denuncia no Congreso a situación das mariscadoras da ría de Noia

13 Abril 2023

O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, levou ao Congreso a situación das traballadoras e traballadores do sector do marisqueo na ría de Noia, que levan meses sen cobrar a prestación polos últimos ceses de actividade.
 
A iniciativa tivo lugar logo da xuntanza que mantivo a Marea de Noia coas traballadoras e traballadores do sector. Tras o episodio de toxina na ría o pasado mes de setembro, que se prolongou no tempo debido a unas condición climáticas anómalas, moitos solicitaron o cese de actividade ante o Instituto Social da Mariña (ISM) de Noia para cobrar a prestación á que ten dereito.
 
A isto súmase que en febrero deste ano, por efecto das intensas choivas e da inadecuada xestión da presa do Tambre, morreu máis do 80% do marisco de talla comercial y máis do 70% da cría, o que obrigou a suspender a campaña que debía empezar nese momento e a solicitar un novo cese de actividade.
 
Non obstante, dende o sector denuncian que ninguna persoa adicada ao marisqueo na zona cobrou aínda nin o cese deste ano nin o do ano anterior. Os traballadores non prevén poder retomar a actividade ata a campaña de outubro, polo que moitas familias están nunha situación de precariedade e incerteza, como expuxo Gómez-Reino na iniciativa presentada no Congreso.
 
Ademáis, as mariscadoras denuncian que os trámites administrativos para a solicitude do cese de actividade foron caóticos e que nos propios ISM descoñecen os procedementos a aplicar nestes casos.
 
O deputado preguntou tamén por protocolos para axilizar este tipo de trámites, tendo en conta que, debido aos problemas asociados ao cambio climático, é posible que esta ferramenta teña que utilizarse periódicamente.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.