Carga policial contra os bateeiros en Santiago. Dezaseis policias resultaron feridos e un bateeiro en urxencias 

13 Abril 2023

O conflito entre bateeiros e percebeiros por mor da mexilla agravouse este xoves 13 de abril en Santiago logo de que as mobilizacións dos primeiros acabasen nunha carga policial que rematou con dúas persoas detidas e dezaseis policias feridos e que despois derivaron en protestas dos compañeiros na avenida Rodrigo de Padrón, na contorna da Comisaría de Policía Nacional.

As detencións e as cargas leváronse a cabo a carón do edificio da Xunta en San Caetano. Isto motivou que os traballadores se trasladasen até a Comisaría, cuxa rúa foi cortada polos axentes. Os bateeiros emprazáronse fronte aos policías e pediron dende alí a liberación dos compañeiros e, tamén, a dimisión da conselleira de Pesca, Rosa Quintana, por considerar que non foi quen de solucionar un problema (o da mexilla) que enfronta aos dous sectores dende antigo pero que, como sinalaba o noso compañeiro Antón Luaces nun artigo de 2021, semella ter recruado co inicio da década, cousa na que tamén abondou o BNG, que en 2021 alertaba do risco de enfrontamento. A pobrense Rosana Pérez advertía daquela de que “as actuais condicións” poden conducir a “graves incidentes” entre ambos sectores e a consellería do Mar ten a “responsabilidade de mediar na procura de recuperar o entendemento que ambos mantiveron durante moitos anos”.

Por certo que as protestas deste xoves comezaron a primeira da mañá en San Caetano coincidindo coa xuntanza semanal do Consello de Goberno da Xunta. Arredor das 9.00 produciuse finalmente unha carga policial que os bateeiros cualificaron de “desproporcionada” e que, segundo eles, acompañouse do lanzamento de pelotas de goma “á altura da cabeza” e “porrazos na cabeza e brazos”.

Os bateeiros fixeron saber que as cargas saldáronse con varios feridos e cun compañeiro (alomenos) no Hospital de Santiago.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.