“Pedras, rochas e rochedos”. Antón Luaces

03 Outubro 2021

Mexilloeiros e percebeiros non é que se leven mal en Galicia: é que non se levan. E a causa dese non levarse non é outra que o permanente desencontro entre ambas as actividades: os mexilloeiros precisan da mexilla (embrión do mexillón) para poder defender a súa industria acuícola, e o mesmo embrión ou cría de mexillón é o que protexe en certa medida á que corresponde ao percebe, cría a deste crustáceo que, en boa medida, desaparece pola acción dos encargados de “recolectar” mexilla para as bateas de cría e engorde do mexillón porque na manobra de extracción da mexilla desaparece a cría do percebe arrincada pola rasqueta da mexilla. Non porque o fagan adrede, senon porque, simplemente, resulta pouco doado “sacar” a mexilla den afectar ao percebe.

O conflito ven de vello. Especialmente nas Rías Baixas e na Costa da Morte, onde a escaseza de cría de mexillón acende os ánimos dos bateeiros e prende no dos percebeiros. Ambos os oficios cadran moitas veces nas mesmas rochas, pero en períodos distintos. No medio, o que se entende como un certo desleixo por parte da Consellería do Mar porque esta non atopa un sistema de regulamento que faga compatibles as actividades duns e doutros.

Na costa da provincia de Pontevedra, nas rías de Arousa e Muros-Noia, en Carnota, Lira e así ata Malpica e Caión, os percebeiros están fartos de agardar a mediación da Consellería. Como non se adopta medida algunha que corrixa a situación, chaman a atención ao que para eles é sinónimo de respiro: as datas de Nadal, que é cando máis consumo de percebes se produce en Galicia e fóra de Galicia. Será cando o santuario percebeiro que son en Galicia as pedras, rochas e rochedos de todo o litoral atlántico e cantábrico vivan unha outra vez a experiencia de sentir nas súas superficies a mulleres e homes que desputan án ondas e ao vento esa delicia mareira que é o percebe milenario. Desde Caión á costa coruñesa da Torre, tal conflito non existe. E moito menos nas costas de Ferrol, Cedeira e o Ortegal onde o vento, o mar forte e a superficie da propia estrutura dos rochedos impide que se críe nelas esa mexilla que os bateeiros precisan para que as bateas cumpran o seu cometido: engordar o mexillón que, durante todo o ano, sirven aos mercados nacionais e internacionais. Pero que tamén necesitan os percebeiros como resgardo do embrión do seu ser. Se o percebe é un recurso temporal para os percebeiros, o mexillón é unha saída permanente para a industria que subministra produto ao sector conserveiro e tamén para o consumo en fresco. Xóganse, uns e outros, moitos millóns de euros, que é o mesmo que dicir a súa propia existenza: sen mexilla non hai mexillóns e sen cría de percebes, estes non se xeran nas rochas.

Van aló dous anos desque a Xunta se comprometera a dar unha solución a este que, dicía anteriormente, é un vello conflito. Coma si nada. E fartos de agardar solucións, pretenden tomar a xustiza pola súa propia man incordiando, polo menos, no labor da propia administración galega a cuxas portas están decididos a acudir pero, desta vez, non para pedir ou esixir, senon para deixar nos vieiros administrativos da Xunta todos os curriculos de canto percebeiro hai en Galicia se nos primeiros días de decembro as cousas están como agora mesmo.

 Porque é evidente que o conflito permanece e que este xa estaba vixente no ano 2000, cando se tentou regular  a sustración da mexilla nunhas condiciòns que son moi prexudiciais para os percebeiros. Esto será o que leve ao sector percebeiro a presentar recursos nos tribunais denunciando -dí o colectivo de mariscadores- tanto a inoperancia desa orde reguladora como o dano ecolóxico que emana da mesma. Entremedias, o goberno galego por ese seu permanente dèjá vú que non conduce a ningures. E contra dese non facer nada, os percebeiros optan pola mobilización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...