Formoso enxalza a candidatura de Fran Pérez para a alcaldía de Noia

12 Abril 2023

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, participou este mércores no acto de presentación da candidatura de Fran Pérez á alcaldía de Noia, ao que ese referiu como unha persoa “moi comprometida” coa súa vila e “totalmente centrado” en que Noia “recupere o protagonismo” que
sempre tivo na contorna da ría de Muros-Noia e da península do Barbanza.
Formoso participou no acto de presentación do candidato socialista, que tivo lugar no Coliseo Noela, xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o rexedor de Ames, Blas García, e o secretario xeral dos socialistas da provincia, Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén presidente da Deputación da Coruña salientou que Fran Pérez fixo unha boa diagnose de como ten que ser a Noia do futuro, que ten que converterse nun concello “moi dinámico” dende o punto de vista económico e que non perda industria por falta de
solo.
“Fran é un home emprendedor, coñece moi ben o sector comercial do que procede, dirixiu con moito éxito a asociación Noia Histórica, e sabe moi ben que teclas hai que tocar para que a vila non esmoreza e recupere toda a vitalidade que perdeu no últimos anos”, sinalou o número un dos socialistas galegos sobre o aspirante á alcaldía.
Formoso tamén aproveitou a ocasión para referirse ao goberno local do PP, do que se dixo que se dedica a “sobrevivir politicamente sen ambición” e sen explicar aos veciños e veciñas de Noia cara onde deben camiñar. De Santiago Freire dixo que é un alcalde que “non está á altura dos retos que ten por diante esta cabeceira comarcal”, porque o seu principal hándicap, abondou Formoso, “é que lle di si a todo a Feijóo e a Rueda, aínda que sexa prexudicial para a Noia e un dos seus principal motores económicos, como o é o sector pesqueiro e marisqueiro”.
O goberno “non se pode”
Pola súa banda, o cabeza de lista do PSdeG á alcaldía subliñou que a cidadanía de Noia está xa un pouco farta de levar escoitando nos últimos oito anos “a mesma mentira, que non se pode”. “Cando se fala de limpar a ría de Noia, non se pode; cando se trata de solucionar os problemas de saneamento, non se pode”, dixo, o mesmo que cando se trata de aprobar o plan xeral de ordenación, de abrir o Museo do Mar ou de habilitar espazos para clubs deportivos. “A culpa sempre é de Costas, de Patrimonio ou do que
sexa, pero hai unha cousa que está clara: con este alcalde, non se pode”.
É por iso que Fran Pérez se mostrou convencido de que “o cambio é inevitable” en Noia, basicamente por tres razóns. Primeiro, porque ao PP “non lle dan os números”; segundo, porque os socialistas “somos a única alternativa de goberno”; e terceiro, porque o PSdeG confía en ter “a vosa confianza” para configurar “un goberno o suficientemente forte como para gobernar con absoluta liberdade” os próximos catro
anos e situar a Noia no lugar que lle corresponde.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.