A Marea Cidadá celebrará este venres un roteiro pola Noia republicana seguido dun Faladoiro de Cultura

12 Abril 2023

A Marea Cidadá de Noia continuará este venres cos seus Faladoiros temáticos, reunións con convidados e convidadas nos que tratar diversos aspectos para, posteriormente, integralos no programa electoral de cara ao vindeiro 28M.
Desta volta o Faladoiro, que versará sobre Cultura, contará ca presenza da xornalista e actriz Comba Campoi, ca experta en Patrimonio Cultural Carmela Sánchez e co coñecido escritor local Agustín Agra. Pero a cita, que terá lugar o Venres 14 de Abril ás 20:15h na Casa da Cultura, non será a única actividade que se realice dende a formación de esquerdas.
De acordo ca formación que dirixe Manolo Seijas, o 14 de Abril a Marea ten organizado tamén un roteiro aberto pola historia da Noia republicana, que sairá da porta da Casa do Concello ás 19.00h. Celebrado co gallo do aniversario da proclamación da II República, o roteiro será dirixido polo coñecido profesor Manolo Barreiro, quen guiará aos asistentes a través de diversos puntos da vila rememorando as pasaxes máis importantes deste período de historia democrática.
Este roteiro incluirá, así mesmo, unha homenaxe á anarquista e represaliada polo franquismo Bríxida Quintáns, quen conta cunha praca na súa honra no parque de San Lázaro, por iniciativa da propia Marea Cidadá. De acordo co voceiro e candidato da formación, Manolo Seijas – “Bríxida representa para nós un exemplo desa Noia e desa Galicia que quixo ser libre”. “Manter a súa memoria viva é, para nós, unha
obriga democrática”- finalizou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión