O BNG pide acelerar as obras do parque García Bayón

04 Decembro 2019

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de formalizar unha petición para que se aceleren as obras de posta en valor do parque García Bayón, que están a ser obxecto dunha remodelación integral tanto na súa estrutura como no que se refire ás áreas e elementos de lecer. O BNG local pide ao Goberno municipal que se fagan avanzar os traballos para abreviar e minimizar na medida do posíbel o trastorno económico que están supoñendo os traballos para os establecementos comerciais da zona.

O concelleiro Luís Pérez Barral argumentou “que os negocios que hai nesa área de lecer precisan que as obras estean listas canto antes”, con vistas a que “as familias poidan volver levar ás crianzas a esa zona infantil”.

Segundo Pérez Barral, foron varios os negocios os que se puxeron en contacto co BNG para pedir información preocupados polo avance da reforma. En base a isto, o grupo nacionalista local sostén que o Goberno municipal “debería informar puntualmente aos comerciantes e hostaleiros, mais non o fai, polo que tivemos que ofrecerlle a información nós mesmos”. O Bloque engade que resulta “de vital importancia” que as obras se realicen “cunha boa planificación”, co obxectivo de “minimizar o impacto negativo” que producen nos negocios. Tamén piden máis información por parte do Concello.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.