O Concello de Outes e a AGAL coinciden na necesidade de reforzar os vínculos con Portugal

12 Abril 2023

Manuel González estudará as medidas propostas pola asociación para reforzar os vínculos culturais e institucionais co país irmán

O presidente da Associaçom Galega da Língua, Eduardo Maragoto, e o alcalde de Outes, Manuel González

O presidente da Associaçom Galega da Língua, Eduardo Maragoto, e o alcalde de Outes, Manuel González, reuníronse onte para abordar a posibilidade de levar a cabo neste concello algunhas medidas propostas pola AGAL no sentido de fomentar o coñecemento da lingua e da cultura portuguesas, fortalecendo así os lazos de amizade com Portugal no ámbito municipal, ao amparo da Lei Paz Andrade.

Maragoto agradeceu ao concello de Outes as iniciativas que xa impulsou no pasado en prol do fortalecemento dos lazos lingüísticos e culturais galego-portugueses a través de irmandamentos ou participando en iniciativas dos Foros de Cooperación Municipalista da Lusofonía, e animou ao alcalde a a adoptar “mais medidas lingüístico-culturais e institucionais nese sentido, con indubidables repercusións no ámbito do turismo e da revalorización da nosa cultura, local e universal ao mesmo tempo”.

O alcalde de Outes, a súa vez, agradeceu as suxestións da AGAL, que se comprometeu a estudar, nomeadamente a de considerar a inclusión da lingua portuguesa na entrega de orixinais para o certame de poesía Francisco Añón. O poeta outense foi considerado polo filólogo portugués Manuel Rodrigues Lapa un dos primeiros precursores do Integracionismo Galego-Portugués, xa que mantivo fortes vínculos con Portugal, chegando a escribir en portugués o revolucionario Hymno dos Povos, que motivaría a sua expulsión do país. Para Manuel González, as relacións coa literatura portuguesa non paran aí, xá que mesmo alcanzan un dos nomes máis universais das letras deste país, Fernando Pessoa, com antepasados no concello de Outes.

González abondou na oportunidade que significa para Galicia o reforzamento dos vínculos co Portugal, ao configurarse o eixo atlántico como unha área de forte dinamismo e “o espazo de natural de proxección cultural e económica de Galicia, no marco da Unión Europea”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.